domingo, 29 de abril de 2012

UN PARAÍSO CHAMADO GALICIA

Temos dito moitas veces que temos unha terra que non nos merecemos, Galicia rica en natureza e en paisaxes soberbios, entre outras moitísimas cousas, que na maioría dos casos, nin os propios galegos coñecemos nin valoramos nin coidamos como se debera. Hai uns días fixemos unha viaxe pola cornisa cantábrica galega, chegando ata a fronteira con Asturias, visitando Vegadeo (terra natal dun dos mestres de Filgueira, D. Armando Cotarelo Valledor), Ribadeo, Viveiro, Foz, pricipalmente. A primeira parada foi admirar e recorrer a praia das Catedrais, fermoso e salvaxe enclave marítimo. Un queda abraiado coa fermosura da paisaxe, coa súa bravura, cunha mar inmensa, forte, atractiva. O verde da terra co verde mar, as ondas ás veces furiosas, outras acariñando e facéndolle aloumiños á area ou batendo e ferindo ás rochas do acantilado... Que marabillosos intres contemplando tanta beleza, enchendo o peito co puro e salitroso aire mariño, sentindo a brisa nas meixelas... Recomendo a visita á Mariña lucense. Lugo e Ourense as provincias da Galicia interior por descobrir e tantas veces descoñecidas para os propios galegos. Buscamos lonxe o que temos aquí preto. Galicia, unha terra por descobrir, unha terra para desfrutar.

lunes, 23 de abril de 2012

XIII MESA DAS VERBAS - PRESENTACIÓN LIBRO EV.CALO

O pasado venres 13, celebramos a XIII Mesa das Verbas, no Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, onde ademais o noso compañeiro, Eduardo Víctor Castro López, "Ev.Calo" presentou o seu libro autobiográfico: MUXICAS DUN AROUSÁN. O poeta e editor, Fernando Luis Pérez Poza, fixo de mestre de cerimonias nesta presentación facendo a semblanza do autor e comentando esta nova publicación do seu fondo editorial./ Participaron nesta edición: - Ev.Calo - Fernando Luis Pérez Poza - Enrique Brumbéck - José Tizado - María Palacios - Isabel Pintos - Tito Porto - José González - Porto (neto de Porto Rei) - Carmen Abalo - Antonio Martínez Ferrer (poeta valencián) - Antonio Quiñoy - Ángeles Conde - Antonio Pinedo - Andrea Fernández, "Nei" - Gonzalo Bouza-Brey - José Luis Meléndez - Xermán Torres - Alfonso Saavedra.// ERGO OS MEUS OLLOS CARA O ALTO / Na honra de Ch. Chaplin polo seu O GRAN DICTADOR / Contemplo as estrelas,/ eu que sempre mirei cara o alto./ O ceo está limpo, escintilán os astros,/ Venus brila con máxima claridade. / Mira ao alto...,/ mira ao alto. / O que vexo aquí abaixo non me gusta,/ voitres que devoran os despoxos/ dos homes humildes/ que tratan de vivir do seu traballo. / Mira ao alto...,/ mira ao alto. / Os amos do mundo/ devoran aos fillos dos deuses,/ podredumes e andacios/ afectan ao mundo. / Mira ao alto...,/ mira ao alto. / Na noite escura do mundo/ miro abraiado cara ao alto./ Distingo na Osa Menor/ o norte; debemos coller o norte. / Mira ao alto...,/ mira ao alto.// (XERMÁN TORRES)

sábado, 14 de abril de 2012

ÁNGELES CONDE



Ángeles Conde é unha poetisa asidua á Mesa das Verbas, é unha meiga da linguaxe, cos seus feitizos en forma de versos engaiólanos a todos; pero, en primeiriño lugar, ao seu amado, o seu esposo Antonio Pinedo, outro druida da palabra. Eles son industriais afincados en Vilagarcía de Arousa e con moitos vínculos familiares e de amizades, aínda que nados na outra beira do Atlántico, nas ricas e fermosas terras de Venezuela. Honrámonos de telos entre nós e disfrutar dos seus poemas nas edicións mensuais da Mesa. Ángeles, moi amablemente, aceptou participar na nosa colección do:


CUESTIONARIO PROUST


1.- Cal é o principal trazo do seu carácter? Positivismo.

2.- Que calidade prefere nun home? Integridad.

3.- E nunha muller? La misma, integridad.

4.- Cal é a túa principal característica? La sonrisa.

5.- Que aprecia máis nas súas amizades? Saber que siempre puedo contar con un hombro amigo.

6.- Cal é o seu principal defecto? Pensar que todo tiene que ser perfecto.

7.- Cal é a súa ocupación favorita? Sentarme frente al mar a leer un libro.

8.- Cal é o seu soño de felicidade? Ver a todo el mundo feliz.

9.- Cal sería a súa maior desgracia? Perder a mi familia.

10.- Como lle gustaría ser? Como soy.

11.- Cal é o país onde desexaría vivir? España, Galicia, Vilagarcía.

12.- Cal é a súa cor preferida? Rosa.

13.- Cal é a flor que máis lle gusta? La rosa color salmón.

14.- Cal é o seu paxaro preferido? El águila.

15.- Cal é o seu prosista preferido? Disfruto con la prosa poética y uno de mis favoritos es J. R. Tolkien.

16.- E o seu poeta favorito? Difícil decisión, hay muchos: Rosalía, Lorca, Machado y mi esposo Antonio Pinedo.

17.- Cal é o seu heroe de ficción? Apolo.

18.- E a súa heroína de ficción? Phoebe Halliwell (Embrujadas)

19.- Quen é o seu pintor favorito? Miguel Ángel.

20.- E o seu compositor musical? Salvador Candel.

21.- Quenes son os seus heroes da vida real? Mis padres.

22.- E as súas heroínas da vida real? Si hay que hacer distinción de género: las mujeres que luchan por sacar sus familias adelante.

23.- Que acontecementos ou características da Historia detesta máis? Las guerras.

24.- Quenes son os seus heroes e/ou heroínas da Historia Mundial? Todos los que trabajaron y trabajan en pro de la libertad.

25.- Cal é a súa comida preferida? Pabellón criollo (arroz, huevos, carne mechada, plátano frito y caraotas negras).

26.- E a súa bebida? El agua fría.

27.- Cales son os nomes que máis lle gustan? Aitor y Ainhoa.

28.- Que detesta por riba de todo? La hipocresía y la mentira.

29.- Que personaxes históricos detesta máis? Todos los dictadores.

30.- Que feito militar admira máis? Los que llevan ayuda humanitaria.

31.- Que reforma valora máis? La que logre eliminar el hambre en el mundo.

32.- Que don natural lle gustaría posuír? Ser una meiga para que con la magia pudiese solucionar los problemas de todo el mundo.

33.- Como lle gustaría morrer? Rapidito.

34.- Cal é o estado actual do seu espírito? En paz.

35.- Que defectos ou faltas lle inspiran máis indulxencia? Las que no hacen daño a nadie.

36.- Cal sería o seu distintivo ou a súa divisa? Una sonrisa sincera siempre genera otra.



* Para rematar indique unha lembranza ou algo que queira destacar sobre a comarca de Arousa-Salnés.
Por circunstancias de la vida no pude nacer en Vilagarcía, pero la “morriña” que sembraron mis padres hizo que siempre soñase con disfrutar de este lugar. Hoy que tengo la suerte y el privilegio de vivir aquí puedo afrimar que, si existe el paraíso, yo vivo en él. Nada hay más hermoso que contemplar la Ría cada día desde el amanecer, puede brillar el sol y verla con calma, o viento y observar como las ovejitas corren, y es más, aún con temporal, es divertido jugar al corre que te pillo retándolas a que te mojen. De Vilagarcía es delicioso absolutamente todo, desde sus platos típicos hasta el dulce son del canto de sus pájaros, perderse en sus montes y disfrutar de un vergel recorriendo sus senderos, o simplemente extasiarse ante un atardecer paseando por Carril. Toda una delicia para los sentidos.

sábado, 7 de abril de 2012

NAS COUSAS SINXELAS ESCÓNDESE A FELICIDADE







Toda humilde beleza me namora,
na sinxeleza das cousas me recreo,
as cores das flores, os sorrisos dos nenos,
a súa fonda ledicia, como a aurora

provocan o meu asombro e reverencia.
Como as estrelas e os astros da noite
que contemplo ao carón do meu canciño
tamén me deleito coas artes e coa ciencia.

Admiro os misterios que envolven á humanidade,
gozo coa presencia de familiares e amigos,
parolar e facer grupo; amar e ser amado,
construir cos outros unha humilde comunidade.

Desfrutar de todo o que a vida nos ofrece,
o momento presente, que é o que temos,
o que xa foi, non é, e o futuro non nos pertence,
acollamos o canto do paxaro e a camelia que florece.

Aspirar a unha vida plena e sinxela
a ollada pura dun meniño, o sorriso algareiro
da mocedade que sinte e se emociona,
gozar coa presencia da amada, deixarse querer por ela.

É a vida un regato que paseniño sen deterse, pasa.
Unha boa aspiración é camiñar coa intención de ir regando,
nutrindo e fertilizando as nosas humildosas vidas, sementando
venturas, amando; abrindo de par en par as portas da nosa casa.

lunes, 2 de abril de 2012

UNHA EXPERIENCIA GRATIFICANTE: CONTACONTOS NO PIÑEIRIÑO





Sempre pensamos que un colexio é unha comunidade educativa, onde o alumnado, as familias, e o profesorado teñen o seu lugar de encontro e un papel que desenvolver nel.

Nesta segunda experiencia de contacontos, no presente curso escolar, un grupo de pais e nais co patrocinio da ANPA "O PIÑEIRO" e coa colaboración do profesorado do CEIP "O PIÑEIRIÑO" de Vilagarcía de Arousa ofrecímoslle ao noso alumnado un novo conto, escrito, deseñado e vivido por uns entusiastas pais e nais. O acontecemento foi todo un éxito e nesta actividade vemos cousas moi positivas:

- Traballo conxunto e cooperativo entre os pais e as nais e o profesorado.

- Fonte de desfrute e expresividade para todos.

- Fomento da lectura, da escrita, da oralidade, da convivencia.

- Intercambio e traballo sobre valores e oportunidade da sociabilidade.

- Facer grupo, comunidade por medio de algo moi positivo.

- Traballo artístico, tecnolóxico, lingüístico, expresivo.

- Coñecemento da contorna.

- Oportunidade para o modelamento de conductas e actitudes.

- Sentar precedentes para motivar á participación na vida da escola.

- Posibilidade de extender e de replicar a experiencia.

- Proxección social.

En síntese, todos gozamos coa presencia de todos nun espectáculo sinxelo, non exento de calidade, onde cada un aportou o mellor de si mesmo. E sobre todo houbo moita calidade humana.

Grazas a todos por facernos pasar uns intres tan máxicos e tan ledos, e para descubrir que todos levamos un pallaso dentro de nós.

Visiten esta bitácora:

http://anpaopineiro.blogia.com