miércoles, 28 de agosto de 2013

DAVID ÁLVAREZ CANEDA EN CONCERTO NO LICEO CASINO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

O noso bo amigo e extraordinario exalumno, David Álvarez Caneda, dará un concerto de acordeón cun variado programa na terraza da cafetería do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, na rúa Castelao, 5. O mozo acordeonista estará no Liceo Casino este venres día 30, a partires das 20:30 h., sen dúbida, teremos a oportunidade de gozar, unha vez máis, coa música deste mociño, que a parte de excelente músico, é mellor persoa. Eu tiven o pracer de compartir con el xeiras educativas no colexio O Piñeiriño de Vilagarcía. Noraboa, David, pola túa traxectoria e o magnífico futuro que te agarda.

viernes, 16 de agosto de 2013

ESCOLA PARA A VIDA E PARA A FELICIDADE

O título desta entrada é unha utopía; pero, debe ser o ideal de toda escola, educar ao home para a vida e para lograr a felicidade por medio da harmonía persoal e social, na liña do optimismo pedagóxico de Rousseau e da chamada Escola Nova, así como do pensamento educativo da Institución Libre de Enseñanza (ILE), que en España agromou tan boas experiencias educativas (Misións Pedagóxicas, Junta de Ampliación de Estudios -JAE-, Residencia de Estudiantes, Instituto-Escuela), asuntos dos que tanto ten falado e escrito o meu mestre, o Dr. Porto Ucha. / Para finalizar quero reflectir unhas palabras reveladoras de Hermann Hesse, aparecidas no seu libro BAIXO AS RODAS, que din así: [Os alumnos moitas veces rexeitados pola institución escolar por ser persoas extravagantes, creativas, sensibles... Despois de ser expulsados do sistema e cando xa están mortos] "(...), son presentados polos mestres ás novas xeracións como seres magníficos e exemplares. Así se repite, de colexio en colexio, o espectáculo da loita entre sistema e espírito. Unha e outra vez vemos ao Estado e ao sistema educativo empeñados con saña en arrincar xa dende a raigame aos poucos espíritos profundos e valiosos que aparecen cada ano. E sempre soen ser estes mozos odiados polos profesores, castigados, escapados e expulsados os que enriquecen o tesouro do noso pobo. Nembargantes, algúns ¿e quen sabe cantos? consúmense nunha rebeldía silenciosa e acaban sucumbindo". LOITA ENTRE SISTEMA E ESPÍRITO.

viernes, 9 de agosto de 2013

XXIX MESA DAS VERBAS - VILAGARCÍA DE AROUSA

ANTES DO COMEZO DO ACTO POÉTICO E MUSICAL GARDAMOS TODOS UN EMOTIVO E SENTIDO MINUTO DE SILENCIO POLAS VÍCTIMAS DO TRÁXICO ACCIDENTE FERROVIARIO DE COMPOSTELA. /// Esta Mesa das Verbas da serie Poesía na Rúa foi todo un éxito; foi un grato recital poético moi ben acompañado polo grupo de acordeóns AROUSA BAY, dirixido por Alfonso Galbán. Tivemos moito público, aínda que temos que volver a reiterar que hai que participar con poemas e textos breves. Mais, aínda así, foi unha experiencia moi positiva. Agradecemos a todos os participantes: numeroso público, poetas e músicos. Poesía e Música combinan moi ben. Non nos esquecemos tamén de agradecer e dar os nosos parabéns á colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía e aos seus traballadores que nos prestaron unha inestimable axuda. // Participaron soltando ao ar versos e verbas: Enrique Brumbéck, Carmen Abalo, Xosé Luis Meléndez, Carmen Darriba, Alejandro Guanella, Maruxa Ribadulla, Rafa Gómez, Tere Briones, Manoel Xosé, José González, Finita, Juan José Porto, Ángeles Conde, Antonio Pinedo, María Palacios, Tito Castro "EvCalo", María Xosé Rubianes, Tito Porto, Jean Carballo, Xermán Manoel Torres. // Disculpamos a ausencia por distintos motivos de Andrea Fernández "Nei" e de Antonio Quiñoy. /// Agora vai unha reportaxe gráfica:

martes, 6 de agosto de 2013

XXVII CERTAME DE POESÍA "FELICIANO ROLÁN"

BAIXO MIÑO El lugués Jacobo Llamas gana en A Guarda el Certame de Poesía Feliciano Rolán 2013 La entrega de premios será el próximo martes redacción 04.08.2013 | 09:21 El próximo martes, 6 de agosto, a las 21.30 horas, se celebrará la entrega de premios del XXVII Certame de Poesía Feliciano Rolán, convocado por la Agrupación Cultural Guardesa. En la deliberación del jurado, el pasado lunes, el primer premio se otorgó al lugués Jacobo Llamas Martínez por el poema "Dido nas marismas". En segundo lugar quedó Amando García Nuño, de Madrid, autor de "Manual para retornos". El tercer premio se concedió a Jonathan Rodríguez Cabaleiro, de Ponferrada, por "Dono da verba muda". Germán Torres de Aboal, de Vilagarcía de Arousa, recibió el accésit por "Homenaxe acróstico". El premio del Feliciano Rolán está dotado con 360 euros para el ganador, 120 euros para el segundo galardonado, y de 60 euros para el tercero. Entre los miembros del jurado, compuesto exclusivamente por mujeres, se encuentran la poetisa y pintora Chuny Vázquez; Marisol Diz Amil, licenciada en Geografía e Historia; la doctora en Ciencias Políticas y Relaciones Internacionales Tini Andrés Álvarez; María del Pilar Álvarez Moreno, licenciada en Geografía e Historia y Psicología; y Fátima Pérez Sobrino, licenciada en Filología Hispánica. La entrega de premios tendrá lugar en el Centro Cultural de A Guarda, en un acto cultural poético en el que participará la Banda Infantil de la Agrupación Musical de A Guarda, que dirige José Antonio Soutelo Muñoz. (FARO DE VIGO, 04/08/2013) A PRIMEIRA IMAXE OBTIDA DA WEB INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE A GUARDA (PONTEVEDRA), AS DÚAS SEGUINTES TOMADAS POR MARTA TORRES SÁNCHEZ.