domingo, 23 de febrero de 2014

NA HONRA DE MARÍA PALACIOS



Celebramos xa a XXXIV MESA DA VERBAS, foi unha homenaxe a nosa amiga e compañeira, María Palacios, que por sempre permanecerá na nosa lembranza. O seu neto, Alfonso Merino, deleitounos coa sentida música do seu violín e tivemos tamén a honra de contar coa presencia do seu fillo, Jesús Merino. Cunha asistencia moi nutrida dos asíduos ás Mesas, que ela axudou a fundar. Imos ofrecer de seguido tres poemas, o primeiro de Ángeles Conde, o segundo, de quen esto escribe, e o terceiro un poema colectivo composto nesta XXXIV edición das Mesas e que leva o título e comeza cun verso, escollido ao chou, de María Palacios. Todo na súa honra, na súa inesquecible memoria.



Siempre María

Será…
que ataviada con traje de poemas
quisiste deleitar otros oídos,
dejando corazones ateridos
por el final, abrupto, de tus gemas.   

Mas…
yo atesoro el recuerdo de tus versos,
los caminos por tierras de tu infancia,
esa savia de amor con elegancia
que hilabas transformando en universos.

Pero…
hoy, mi pluma se viste de tristeza
y el corazón se ahoga en amargura,
al vivir tu partida con premura
para cantarle al cielo su belleza;

y quisiera decirle a todo el mundo
que haberte conocido es una suerte:
la esencia de tus letras se convierte
en legado de amores muy fecundo.

María, dulce y bondadosa amiga,
cuando el alba de nuevo nos despierte
yo quiero aquel abrazo prometido,
y verás que tu voz no se ha perdido
porque los poetas…
superan la barrera de la muerte.


Gracias de todo corazón.
Angeles Conde



Á miña inesquecible amiga, María Palacios

Profe, tece uns versos
coas estrelas do cosmos,
onde habitan os teus soños,
compón poemas de ilusións,
amores e ansias de Vida.

“Ea, ea, deja, deja...”

Nas constelacións infinitas
onde o teu espírito
planea digno, austero...
Segue a sementar
paz interior,
tenrura, delicadeza, discreción.

“Ea, ea, deja, deja...”

Ofrecidas como unha oración
ao Bo Deus,
Pai dos pobres e sinxelos.
María, coma un pulsar
mantén a túa conexión
constante, coma un raio de luz;
aquí non te esquecemos.

“Ea, ea, deja, deja...”

Lembraremos as túas verbas,
as túas leccións
de mestra, de poeta...
con agarimo sempre
estarás connosco.

“Ea, ea, deja, deja...”


Por sempre María Palacios
nos nosos corazóns
os teus versos soan
eternos
no Universo que te acolle
nunha lírica eternidade
e para ti, descanso e paz.

“No quiero condicionaros para nada”.

Voa libre, María,
nun amoroso e fermoso
espacio sideral.

“Ea, ea...”



Xermán Manoel Torres
XXXIV Mesa das Verbas, 22/02/2014
   




Tronco de noble madera

Tronco de noble madera
Que aguardas solo al costado del camino
Y duras en el tiempo sin ninguna queja
Y le das sombra al caminante peregrino,
Tus ramas son savia de vida.
Cuéntame tus primaveras,
Tú que tienes cáscara de ochenta  años;
Pero al mismo tiempo sabiduría de milenios.
Tu ternura envuelve el bosque florido
De la existencia, donde los duendes
Se acunan.
Tronco erguido y vigilante
Aguanta el paso del tiempo
Mientras el viento habla contigo
Y el calendario se deshoja
Y las camelias se duermen.


lunes, 17 de febrero de 2014

MESA DAS VERBAS EN HOMENAXE A MARÍA PALACIOS


ESTE VINDEIRO SÁBADO, 22 DE FEBREIRO, ÁS 19:30 H., CELEBRAREMOS NO SALÓN DE ACTOS DO LICEO CASINO DE VILAGARCÍA UNHA MESA DAS VERBAS EN HOMENAXE DE MARÍA PALACIOS, ONDE ADEMÁIS DO RECITAL POÉTICO DOS SEUS POEMAS, OU DOS COMPOSTOS EXPRESAMENTE NA SÚA HONRA, INTERVIRÁ O NETO DA FINADA, O MAGNÍFICO VIOLONISTA, ALFONSO MERINO, QUEN INTERPRETARÁ TRES PEZAS MUSICAIS, AO INICIO, NO MEDIO E AO FINAL DO ACTO. TAMÉN TENTAREMOS COMPOÑER UN POEMA COLECTIVO NA SÚA HONRA.

Quen é María Palacios?



Unha excelente mestra e poetisa de orixe castelá que desenvolveu a súa faceta profesional en Logroño e que pasou os derradeiros anos da súa vida na Residencia “Divina Pastora” de Vilagarcía de Arousa.

Chegou sentir un profundo amor e a identificarse con Vilagarcía, admiraba a nosa xenerosa e abraiante Natureza. Fixo moitos amigos aquí pola súa magnífica personalidade. Era unha muller paciente, respectuosa, discreta, intelixente, culta e creativa.

Con Andrea Fernández e Xermán Manoel Torres ideou a Mesa das Verbas, actividade poética que a enchía de ledicia e ilusión. Participou nos dous obradoiros poéticos, celebrados ata o de agora no Liceo Casino. A súa última Mesa foi a celebrada o 9 de agosto de 2013, ás 21:00 h. na rúa Xeneral Pardiñas e coa colaboración musical do grupo de voces e acordeóns AROUSA BAY, era a XXIX edición..

Tódalas mañás acudía puntual á Biblioteca Municipal “Rosalía de Castro” a ler e a conectarse a Internet para manter a súa conta de correo electrónico. Moito botarei de menos os seus contactos e os magníficos correos que me enviaba, cheos de contidos e fermosura. Alí tamén compoñía os seus sabios e sentidos poemas, onde amosaba a súa crenza e a súa admiración polo Cosmos. Era unha muller curiosa intelectualmente, con moitos intereses e saberes. Era unha ledicia escoitala, aprender a súa postura positiva e esperanzada da vida. A súa morte foi a súa derradeira lección de xenerosidade e de delicadeza. Na Residencia bótana moito de menos ao igual que os seus amigos. Nunca a esqueceremos, sempre a teremos presente, onde queira que estea, alí teremos unha amiga, unha valedora.

María Palacios, in memoriam
 


sábado, 15 de febrero de 2014

RECITAL POÉTICO DE JOSÉ TIZADO EN PONTEVEDRA


O NOSO AMIGO E COMPAÑEIRO NA MESA DAS VERBAS, O POETA, JOSÉ TIZADO, PROTAGONIZARÁ UN RECITAL POÉTICO ACOMPAÑADO DE BAIA DE LA TORRE O PRÓXIMO VENRES DÍA 21, CO TÍTULO: TE ESPERARÉ, AMOR EN LA NOCHE (2ª PARTE) POR INICIATIVA DA FUNDACIÓN CUÑA-CASASBELLAS, SERÁ ÁS 20:00 H. NA SALA VERSUS (R/ GERARDO ÁLVAREZ LIMESES, Nº 12). DESEXÁMOSLLE MOITO ÉXITO AO AMIGO TIZADO.

SAÚDE E POESÍA!

martes, 11 de febrero de 2014

AROUSA BAY NO CENTRO COMERCIAL AROUSA



OS NOSOS AMIGOS DO GRUPO DE VOCES E ACORDEÓNS "AROSA BAY" ACTUARÁN O VENRES 14, DÍA DE SAN VALENTÍN, DÍA DOS NAMORADOS, NO CENTRO COMERCIAL AROUSA DE VILAGARCÍA, ÁS 20.30 H., SEN DÚBIDA PASAREMOS UN MOMENTO MUSICAL MOI AGRADABLE E GRATIFICANTE. ANÍMENSE A ASISTIR, NON QUEDARÁN DEFRAUDADOS.

domingo, 9 de febrero de 2014

UN PASEO POLO PAZO DE RUBIÁNS (II)

Seguimos ofrecendo imaxes do noso paseo polo Pazo das Camelias (máis de 3.500, alberga no seu xardín botánico), estivemos moi ben acompañados e ilustrados cos comentarios e explicacións do enxeñeiro agrónomo do Pazo de Rubiáns. Finalizan as imaxes cun fermoso centro de camelias da finca dos nosos amigos Fernando Vila e Lidia Lorenzo, cultivadores e amantes das camelias e que teñen a súa finca no barrio de Rubiáns, moi preto do pazo. A Natureza e a Botánica son abraiantes, queda un asombrado e gratificado con tanta beleza.


















miércoles, 5 de febrero de 2014

UN PASEO POLO PAZO DE RUBIÁNS (I)

O pasado domingo día 2, co gallo da celebración da exposición da camelia, organizada pola Asociación O Souto de Rubiáns, celebrouse unha xornada de portas abertas para visitar o pazo das camelias, o pazo do Señorío de Rubiáns, un dos máis fermosos pazos de Galicia e un dos máis ricos en tesouros vexetais. Froito desa visita é a presente reportaxe fotográfica. Tamén visitamos a finca do noso amigo Fernando Vila, con máis de oitocentas camelias. Noutra próxima entrada seguiremos coa reportaxe, xa sabedes que somos uns namorados das camelias e do fabuloso mundo vexetal.