jueves, 12 de enero de 2017

FILGUEIRA VALVERDE DEBERA SER O NOME DO VI EDIFICIO DO MUSEO DE PONTEVEDRA

Filgueira na súa derradeira conferencia en Vilagarcía en 1994


En que nos basamos para indicar semellante cousa? En primeiro lugar, Xosé Filgueira Valverde dedicoulle gran parte da súa vida e do seu traballo ao seu soñado e querido Museo de Pontevedra, non hai ninguén que lle dedicara tanto e o quixera tanto como el.

Logo, a obra do grande Castelao, tan querido e respectado por Filgueira, consérvase na súa maioría no Museo de Pontevedra grazas ao labor e aos desvelos de Filgueira Valverde.

Xosé Filgueira Valverde, sendo un mociño de 21 anos, convértese no seu primeiro secretario técnico, traballando arreo a carón de D. Casto Sampedro y Folgar, Daniel de la Sota, Castelao, Sánchez Cantón a prol do Museo de Pontevedra alá no ano 1927.

Foi o seu terceiro director, foi nomeado como tal o 26 de marzo de 1940 e exercerá a dirección do Museo ata o ano 1986, data na que renuncia ao cargo, sendo nomeado director emérito e patrón honorario.

Obxectivamente, non hai ninguén que traballara tanto e durante tanto tempo a prol do Museo de Pontevedra e é digno e de xustiza que o VI Edificio pase a chamarse FILGUEIRA VALVERDE.

Para algúns, quizais non sexa politicamente correcto, pero por méritos non hai quen lle poida facer sombra, outra cousa distinta é recoñecelo e ter a valentía e a bonhomía de levalo a cabo; sen dúbida, non habería cousa que o fixera máis feliz. O Museo era o seu sexto fillo.

RECURSOS EN LIÑA:

 http://www.museo.depo.es/persoeiros/filgueira.valverde/ga.99000500.html

No hay comentarios: