jueves, 19 de enero de 2017

LXVIII MESA DAS VERBAS - VI ANIVERSARIO



ESTE SÁBADO 21, ÁS 18:30 H. NA SA DE XUNTANZAS DO CENTRO COMERCIAL AROUSA CELEBRARASE A LXVIII EDICIÓN DA MESA DAS VERBAS, NO DÍA XUSTAMENTE DO VI ANIVERSARIO 21-01-2011 / 21-01-2017

 Esta iniciativa poética foi concebida por María Palacios, Manolo Olveira (ambos os dous tristemente falecidos xa) e Andrea Fernández Maneiro e Xermán Manuel Torres nas tertulias (parladoiros) que celebraban na cafetería do Liceo Casino de Vilagarcía, precisamente esta centenaria sociedade acollía a iniciativa no seu seo sendo Alfonso Saavedra Lourido o presidente e Xermán Manuel Torres, vicepresidente e delegado de Cultura. Posteriormente, co triste declive de dita querida sociedade vilagarciana, a Mesa das Verbas desvincúlase do Liceo Casino e toma un camiño autónomo, fóra do acollimento liceísta, pasando a celebrarse os recitais mensuais na Sa de Conferencias do Auditorio Municipal, coa inestimable colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía e coas colaboracións puntuais da Deputación Provincial de Pontevedra. Seguindo con edicións especiais noutros lugares como o Centro Comercial Arousa e nas rúas de Vilagarcía cando se celebra a Poesía na rúa ou os recitais dos escolares de Vilagarcía co gallo do Día das Letras Galegas, ou nas Mostras de Poesía con variadas e innovadoras actividades de animación poética.

Pensamos que é moi importante o manter un acontecemento poético coma este mes a mes e durante xa séis anos consecutivos.

O sábado, no Centro Comercial tamén ultimaremos detalles para a edición e posible publicación da Revista Poética da Mesa das Verbas - Anaco núm. 1.

E recordaremos que os xoves a partires das 18:00 h. no bar A Marina terán lugar os Parladoiros da Mesa das Verbas, un lugar de encontro para quen queira conversar sosegada e amigablemente sobre inquedanzas, deseño de iniciativas e actividades, así como compartir afeccións, lecturas, cine, música, actualidade, asuntos varios da nosa cidade de Vilagarcía de Arousa e todo o que vaia xurdindo, nun ambiente agradable e mentras tomamos algo xuntos.

VERSOS COMPARTIDOS / SOÑOS REALIZADOS / VIDAS EN ACCIÓN

SAÚDE E POESÍA

No hay comentarios: