domingo, 12 de marzo de 2017

FILGUEIRA VALVERDE, TRADUTOR

Filgueira, na súa derradeira conferencia en Vilagarcía (1994)
Imaxe do Arquivo de ONDAS DE AROSA
(De esqda. a dta.: Emilia Ruido, Mª Xesús Garrido, Xosé Torrado, Filgueira Valverde, Xaquina Trillo, Xermán M. Torres)


Vou reflectir a resposta a un inquérito do Dr. José Manuel Dasilva, profesor da Universidade de Vigo.

Vai sobre a faceta de Filgueira Valverde como tradutor e o seu dominio de idiomas.

Indicar que a faceta como tradutor por parte de Filgueira Valverde está pouco cultivada, prácticamente o que che informei da súa versión ao galego do Vía Crucis de Paul Claudel e practicamente nada máis.

El tiña bos coñecementos do francés escrito e falado, certa iniciación ao inglés escrito, nos seus anos mozos asistiu a algún curso de Inglés, impartido no Instituto de Idiomas da USC. De alemán non me consta que tivera competencias. Sobre este tema teño conversado co fillo de Filgueira, Fernando Filgueira Iglesias e con Xosé Carlos Valle Pérez, discípulo de D. Xosé, e tamén despois de ter relido e estudiado o curriculum do erudito pontevedrés, como tamén de terme fixado moito nos seus nove tomos de ensaios denominados ADRAL.

Polo seu grande dominio do latín e os coñecementos académicos do grego clásico e o seu fondo coñecemento do galego e do castelán, defendíase ben co portugués, non hai que se esquecer dos vínculos dos membros do SEG co seu fraterno Portugal. Sabes que Filgueira tiña grandes amigos no país irmán, como por exemplo, o Dr. Santos Junior da Universidade de Porto, a quen coñecín eu sendo un neno duns once ou doce anos, se queres un día cóntoche unha anécdota sobre este coñecemento. Por todo isto tiña facilidades coas linguas románicas, sobre todo lendo, caso do italiano, poñamos por caso. Os seus coñecementos do galego e castelán medievais e as súas grafías axudábanlle a coñecer moitas cousas dun xeito global e nunha visión de conxunto.

Seguindo o Catálogo de Mª Xesús Fortes (1996) vouche a referir algunhas obras e traballos de Filgueira onde hai relación con outras linguas, sobre todo co francés, e penso que indirectamente sobre obras en polaco do Papa Wojtyla.

1955:

-481.- "Sobre Georges Lote: Histoire du vers français, II". Recensoes da Revista Portuguesa de Filología VI, 1953-1955. Coimbra. Casa do Castelo, edit.

1964:

- 554.- Castro, Rosalía de: Poems. Traducido do galego por Charles David Ley. Introdución e selección de X. Filgueira Valverde. Ministerio de Asuntos Exteriores.Madrid. (L.F. 100).

1968:

- 619.- Claudel, Paul: Vía Crucis. Versión de Filgueira Valverde. Separata nº 20 de Grial. Vigo, tipografía Faro de Vigo. (L.F. 121).

1969:

- 633.- "La Pèlerine de Grace". El Museo de Pontevedra, XXIII, páxs. 77 e ss. (L.F. 136).

1981:
- 1.209.- "La Pèlerine de Grace". El Correo Gallego, Santiago de Compostela, 9-VIII.

1982:
- 1.275.- "Froissart" e a "Bonne Ville". Faro de Vigo, 8-VIII.

- 1.283.- "O Papa Wojtyla, cantor do mar". La Voz de Galicia, 4-XI

- 1.284.- "O poema á fala do Papa Wojtyla". Faro de Vigo. 9-XI. Repr. no Terceiro Adral.

Sobre obras e temas deste papa volverá a escribir na década dos noventa e tamén na súa serie de ensaios Adral.

1985:

- 1.396.- "La Littérature sur le chemin du Pèlerinage de Saint-Jacques de Compostelle. Poésie et theatre". En: Europalia 85. España: Santiago de Compostela. 1000 ans de Pèlerinage Européen. Centre Noor Kunst en Cultur. Credit Comma Grand. (L.F. 288).

1986:

- 1.508.- "A 'bonne ville' que est apellée Pontevedra". La Voz de Galicia, 3-X.

1987:

- 1.584.- "Die Rose von Pontevedra". Faro de Vigo, 8-VIII. - V Adral.

1988:

- 1.604.- "La resurrection d'une langue: le galicien d'hier à aujourd'hui". Institut d'Études Iberiques et Latinoamericaines. Université de Paris-Sorbonne. (L.F. 325). Reeditado pola Fundación Filgueira Valverde en 1991.

Isto é todo o que atopei, pouco máis pode haber.

BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS EN LIÑA:

- Fortes Alén, Mª Xesús (1996): Ó Dr. Filgueira Valverde nos seus noventa anos (1906-1996). Bibliografía. Traballos. Eloxios. Pontevedra, Caixa de Aforros de Pontevedra.

- Fuentes Alende, Xosé (1976): Filgueira Valverde, Publicaciones, Conferencias, Curriculum. Homenaje de sus Discípulos. Vigo.

www.filgueiravalverde.gal

No hay comentarios: