domingo, 16 de julio de 2017

GRUPO INFANTIL DE TEATRO "BRÉTEMA" DO COLEXIO PÚBLICO O PIÑEIRIÑO



PARTICIPACIÓN DO GRUPO DE TEATRO INFANTIL “BRÉTEMA” DO COLEXIO PÚBLICO O PIÑEIRIÑO NOS CERTAMES DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DO CONCELLLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (1991-1993; 1995)



En primeiro lugar, lembrar aqueles certames municipais de teatro infantil e xuvenil que o Concello de Vilagarcía de Arousa chegou a organizar recollendo a iniciativa dalgúns docentes que gozabamos do teatro co noso alumnado. A primeira edición foi en 1989. Coa perspectiva do tempo, compre dicir que fóra unha máis que interesante iniciativa, que sen dúbida sería importante recuperar. Este certame contribuíu a consolidar verdadeiras vocacións teatrais, a que moitos escolares descubrisen o veleno do teatro e chegasen a representar pezas de teatro galego e a saber que este existe. Conviña volver a intentar recuperar unha idea coma esta que tantos bos froitos colleitou. A partires da VII edición, o certame convértese en Mostra e comeza o seu declive ata deixarse de convocar. Convén subliñar que en Vilagarcía sempre houbo inquedanzas polo teatro. Aínda que agora mesmo o teatro galego e en galego non está a atravesar os seus mellores momentos, mesmo na capital arousá; por iso conviña darlle un pulo e os centros de ensino deberán xogar nel un papel moi importante.

Indagando no Fondo Local da Biblioteca “Rosalía de Castro” de Vilagarcía, na carpeta 3 e baixo o epígrafe de teatro, topamos algúns documentos de interese: fallo de xurado, folletos cos programas dalgunha das edicións do Certame de Teatro Infantil e Xuvenil, que mencionabamos anteriormente, e alí recuperamos algúns datos e ledas lembranzas sobre o Grupo de Teatro Infantil “Brétema” do Colexio Público O Piñeiriño, que eu axudara a fundar e co que obtivemos moito éxito neste certame. Cos premios que conseguimos realizamos algunha excursión e viaxe cultural que aínda hoxe recordamos. A modo de síntese, vou recuperar algunha ficha dos certames correspondentes aos anos 1991, 1992 e 1993. Tamén se incluirán uns gráficos da VII Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil.

-         III CERTAME MUNICIPAL DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL - 1991

Neste certame o Colexio P. O Piñeiriño acadou o 3º Premio, que ademais do diploma correspondente, obtivemos 10.000 ptas.

Tamén o premio ao mellor actor recaeu no noso simpático ex alumno: Juan Carlos Novas Castro.

A entrega de premios tivera lugar na Casa de Cultura, o 25 de maio de 1991, ás 20:00 h.

(Estes datos foron extraídos da acta do fallo do xurado e do programa de man).

FICHA DA OBRA PREMIADA

Título: Sopa de pedras.

Coordinadoras:  Mª Luísa Treviño Agra, Rosa Mª Maneiro Álvarez, Mª del Rocío de la Torre Culler.
Director: Germán Manuel Torres de Aboal.

PERSONAXES:

SOLDADO:   Juan Carlos Novas Castro

AMA DE CASA E RAPAZ 7º:   Mª Teresa García García

CONDUCTOR E RAPAZ 6º:    Ángel Mariño Romero

SR. COSTUMISTA:   Marcos Gómez Cespón

RAPAZ 2º:   Patricia Barreiro Tobío

RAPAZ 4º:   Josefina Rubiáns Angueira

RAPAZ 5º:   Luz Mª Vidal Cardalda


-         IV CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL – 1992

Nesta oportunidade, o Grupo de Teatro Infantil “Brétema” do Colexio Público O Piñeiriño conseguiu o primeiro premio na súa categoría, a representación foi o 28 de maio de 1992, ás 20:00 h. na Casa de Cultura de Vilagarcía

Título: Falcatruadas de Rapaces. Duración aprox.: 20’. Historia do que lle acontece aos nenos e nenas dun pequeno pobo, en distintos ámbitos, un deles precisamente a escola, as súas andanzas e trasnadas nun ambiente de amizade e camaradería, nun mundo infantil coas súas alegrías e inquedanzas.

Autor e director: Germán Manuel Torres de Aboal

PERSONAXES:

MANOLIÑO:   Gloria Ochoa García, Adrián Rey Ríos

TOÑO:   María Díaz Rifón

PEPE:    Eva Sánchez Navia

O CODELO:   Eva Suárez Rosales

ANDRÉS:   Josefina Rubianes Angueira / Mª Mercedes García García

DONA ADELAIDA:   Patricia Barreiro Tobío

DONA IRIS:   Milagros Gómez Fariña
D. BRAULIO:   Luz Mª Vidal Cardalda

D. SERAPIO:   Luz Mª Vidal Cardalda

D. RESTITUTO: Mª Elena Vidal Cardalda


ALUMNADO:

-         Mª José Crespo Vaquero
-         Cristina Oubiña Ríos
-         Patricia Barreiro Tobío

MANTIDAS:

-         Irene Tobío Sayáns
-         Mª José Crespo Vázquez
-         Cristina Oubiña Ríos


Esta información foi obtida da consulta do programa de man do certame.


-         V CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL – 1993


Nesta edición conseguimos de novo o primeiro premio e o premio á mellor actriz, recibido pola simpática e gran actriz, Patricia Tobío. (Con esta mesma obra, A tía Lambida, de Eduardo Blanco Amor, obtivera os mesmos galardóns cun grupo de alumnos e alumnas do Colexio Público daquela “José Antonio”, hoxe “A Lomba”, penso que na I edición de 1989, a mellor actriz fóra, nesa ocasión, unha sorprendente e magnífica Susana Mouriño). Esta obra é moi agradecida e moi doada para representar con principiantes, eu vina ensaiar e representar varias veces por meus amigos, Daniel L. Espiño Otero e Guadalupe de las Cuevas Ortiz, coa rapazada do barrio de A Laxe, na Asociación Cultural Contra Vento e Marea. Tamén meu amigo e compañeiro, Jesús Monedero, gravouna nunha película sonora en súper-8mm con algúns alumnos/as seus. É unha peza que me trae moi bos recordos.


Título: A tía Lambida. (Á pobre Lambida non a deixan en paz, todos na aldea a pedirlle cousas e por riba a alcumala, mesmo un señoritingo e ata o cura, válame Deus!).

Autor:   Eduardo Blanco Amor

Director:   Germán Manuel Torres de Aboal


PERSONAXES:

TÍA LAMBIDA:   Patricia Tobío / María Díaz

XANUCO:   Uxío Fernández / Javier Tobío

O CREGO:   Carlos Ubeira / David Ochoa

TERESA:   Carmen de la Torre / Mercedes García / Silvia Costa

CARLITOS:    Jorge López / Francisco L. Piñeiro

EDESIO:   Juan C. Fontán / Adrián Rey





Creo que o meu alumnado e eu mesmo gozamos moito coa práctica teatral. Faciamos grupo, aprendíamos e descubriamos xuntos. Eu tiña por costume en cada personaxe ter dous ou máis actores e actrices para írese trocando nas diversas funcións e para cubrir posibles baixas por distintos motivos e para que non quedaramos colgados. Eu dicíalles que nunha peza teatral todos eran importantes e necesarios, desde os protagonistas, secundarios ou figurantes, os técnicos de escenografía, de son, de maquillaxe, os que axudaban ao transporte e colocación dos materiais; todos imprescindibles, todos igual de necesarios, senón non sería posible a función. O teatro é un traballo en grupo, en equipo, debendo estar todos unidos e compenetrados para poder dicir: Arriba o pano!

Vexo máis necesaria que nunca a práctica teatral na escola, nas asociacións, nos grupos. Os concellos deberan promover certames para que a xente participe e sexa protagonista. O teatro é a vida, a vida é un teatro, o teatro mundo.

No hay comentarios: